Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Villestro (Santa María)
Lugar: Portela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Os gravados dos petróglifos de Agro do campo 3 distribúense en tres afloramentos rochosos casi a ras do chan, a pouca distancia entre eles e moi cerca da estrada por onde pasa o camiño de Santiago cara a Fisterra. Entre os motivos podemos apreciar coviñas, cazoletas, sucos liñais, cruciformes e ata unha combinación de círculos concéntricos no grupo de rochas que están máis lonxe da estrada e a maior altitude cos outros dous.
O motivo máis representado son as coviñas e cazoletas, cerca de medio cento entre os diferentes paneis. Hai cazoletas de ata 10 cm. de diámetro e 4 de profundidade e pequenas coviñas que non chegan aos 5 cm. e apenas 1 de fondo. En dous paneis hai cruciformes de diferentes tamaños, unha de 33 por 21 cm., na parte vertical dun chanzo dunha rocha e outra de 15 por 13 inscrita dentro dun círculo moi irregular e delimitada por coviñas e sucos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15078144/ 45 / 46
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A zona Villestro onde se atopan os gravados sufriu un incendio en xullo do 2016. Esta circunstancia fixo que foran descubertos estes petróglifos que pasarían a chamarse Agro do Campo 3, pois xa existían naquel momento dous máis na súa contorna. Dende decembro de 2016, esta estación de petróglifos, Agro do Campo 3, ten un código de catalogación por cada panel de gravados, hai tres en total, e os seus códigos son GA15078144 / GA15078145 / GA15078146. Neste fondo de val tamén están os petróglifos do Rexío, os do Valado e as estacións 1 e 2 de Devesa da Rula. En outubre de 2017 Agro do Campo 3 foi arrasado por un tractor que rozou a zona das rochas en que se encontran, quedando afectados varios motivos dos petróglifos, o máis destacado foi a destrución de coviñas. Tamén quedaron marcas de maquinaria en gran parte da superficie das pedras onde se aloxan os gravados.


Referencias bibliográficas:

Enlaces web
Colectivo A Rula
Agro do Campo 3. Un novo petróglifo ó pé do Camiño xacobeo de Fisterra
Sobre o destrozo con maquinaria en historiadegalicia.gal
http://historiadegalicia.gal/2017/10/tractor-arrasa-petroglifo-recentemente-catalogado-villestro-santiago/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

En outubre de 2017 foron arrasados cun tractor que rozou a zona das rochas en que se encontran, quedando afectados varios motivos dos petróglifos. Tamén quedaron moitas marcas de maquinaria non paneis dos gravados.


Onde está localizado

Latitude: 42.8811724404
Lonxitude: -8.61690759659
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84