Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Boborás
Parroquia: Cameixa (San Martiño)
Lugar: Cameixa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Igrexa de estilo románico rural de finais do século XII, aínda que sufriu reformas nos séculos XVIII e XIX. Debido a monumentalidade da súa ábsida cabe a posibilidade que fora un importante templo, xa que polo xeral as ábsidas no románico rural eran pequenas e cadradas, principalmente por motivos económicos que non permitían contratar mestres canteiros de bo nivel.
No seu interior hai unha pila bautismal do século XVI e retablos do XVIII.
Aínda que a parte máis monumental e a ábsida cos seus fermosos arquiños cegos apoiados en dúas medias columnas que a dividen en tres panos. No central hai unha fermosa fiestra con arquivoltas simples.
O campanario da igrexa non e románico, senon da época barroca
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4249107750581Lonxitude: -8.15992757678032
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Nov 12, 2011
A modo de información complentaria, a páxina do catálogo do
patrimonio Histórico Artísticos por concellos:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA002.pdf
(pax 8 de 10). Un Saúdo
Oscar Franco says:
Ago 25, 2022
Engado a seguinte referencia bibliográfica na que se fai unha descrición do retablo maior desta igrexa, obra do Mestre Sueiro no ano 1797:
CERDEIRA DACASA, Marisol. (1986). Retablos documentados de los arciprestazgos de Avión y Boborás. Orense: apuntes artísticos. (en liña)