Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Deza (comarca) / Rodeiro
Parroquia: Camba (San Xoán)
Lugar: Aboldrón (Monte Cabeza)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Esta mámoa é a situada máis ao norte dun conxunto de tres túmulos que compoñen a necrópole do Monte Cabeza, moi cerca do Porto do Faro e a carón do Camiño de Inverno cara a Santiago.
Atópase a unha altitude de 873 metros, na divisoria dos concellos de Rodeiro e Chantada. Ten un diámetro de 17 m. cunha altura de túmulo de 1,20 m. Presenta cono de profanación de 3 m. de longo por 2 m. de ancho. Segundo a ficha do catálogo do PXOM de Rodeiro, no seu interior hai unha laxe de granito que podería formar parte dunha cámara megalítica. Na primavera do 2017 maquinaria agrícola, facendo labores de decruado do terreo alterou a súa contorna.
Fotos da ficha: Antonio Presas e Daniel G. Alén.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36047076
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Arredor do ano 2005, construído o parque eólico da Serra do Faro-Cabeza, procedeuse á limpeza das mámoas que se atopaban afectadas pola instalación eólica. Uns anos despois colocouse, a un lado da pista de acceso aos aeroxeneradores de Monte Cabeza, á altura das tres mámoas, un panel explicativo no que se fai referencia a cada unha delas, pormenorizando a súa importancia. Na primavera do 2017 sufriron unha agresión na súa contorna consistente en labores de arado mecánico con maquinaria agrícola.


Referencias bibliográficas:

No catálogo do PXOM de Rodeiro do ano 2009
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RODEIRO/documents/26711ca030.pdf Pax 5 do pdf
Sobre a agresión da súa contorna na primavera do 2017
http://historiadegalicia.gal/2017/10/maquinaria-pesada-arrasa-campo-de-mamoas-rodeiro-ao-caron-camino-de-inverno/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/rodeiro/2017/10/28/span-langgl-campo-mamoas-monte-cabeza-na-serra-do-faro-atopase-perigospan/0003_201710D28C2991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na primavera do 2017 a necrópole sufriu unha agresión na súa contorna consistente en labores de arado mecánico con maquinaria agrícola.


Onde está localizado

Latitude: 42.6716923644
Lonxitude: -7.89199769497
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84