Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: Roo (San Xoán)
Lugar: O Cruceiro de Roo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre catro chanzos de sección octogonal.
A súa base posúe a parte inferior en sección cadrada e a superior en octogonal.
A continuación o varal, que posúe os extremos en sección cadrada; a parte central é octogonal.
O seu capitel, algo tosco, é de tipo xónico con volutas, motivos vexetais e caras de anxos nos catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica con nos na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Dolorosa coas mans entrelazadas e apoiada sobre a cabeza dun querubín a xeito de peaña.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000010305
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA024.PDF (Ficha CR35 – Páxina 6)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150620602.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.820352109Lonxitude: -8.92576290725
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Nov 6, 2017
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html