Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Santa María de Covas
Lugar: Covas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
De lado do campanario parroquial atópase este fermoso cruceiro en Santa María de Covas. Diante do cal loce unha mesa. Dicir que se ergue sobre unha plataforma de tipo artificial e de forma cuadrangular, formada por catro chanzos. E carecendo de pedestal, sobre estes medra un fuste de tipo poligonal e de considerable altura. A continuación vai coroado cun capitel de estilo xónico, con volutas nas catro esquinas. A forma deste, máis a do fuste podemos enmarcalas dentro do estilo Barroco.
Sobre o capitel, a cruz con forma de cruz latina, cos brazos desiguais e cuadrangulares. No anverso vemos un cristo crucificado, os brazos en paralelo á cruz, unha perna inclinada sobre a outra, viste co pano de pureza, cabelos longos e barbas.
En canto o reverso, represéntase unha piedade co seu fillo morto nos brazos. A virxe vai cuberta por un longo manto da cabeza aos pés, este con bastantes dobras e engurras, trazos típicos usados no Barroco para dar sensación de movemento e naturalidade. Sobre a figura do fillo, dicir que está un pouco desproporcionado en canto ao tamaño, colgándolle así as pernas e a cabeza.
Non se pode datar con certeza esta obra pero si dicir que ten trazoss de estilo Barrocos, figuras que buscan a expresión, a naturalidade, e a sensación de realismo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000009318
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA004.PDF (Pax 10 do Pdf)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9190732916Lonxitude: -8.74723345041
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Nov 6, 2017
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Oscar Franco says:
Dec 7, 2022
Engado a seguinte referencia web sobre este cruceiro:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150560801.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
CARDESO LIÑARES, José. El arte en el Valle de Barcala. Tomo II. Ed: FEIRACO FUNDACIÓN, 2000.