Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas, Pazo / Casa Grande,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos (Santiago)
Lugar: Betanzos
Outra denominación do ben: Torre de Vilousaz
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Nun documento do ano 1714, unha querela de forza plantexada polo Conde de Maceda contra o rector e o fabriqueiro da igrexa de Santiago de Betanzos, os presbíteros don Juan José e don Tomás Fernández de Puzo y Aguiar respectivamente, irmáns e naturais de dita cidade, por ocultaren e soterraren o mausoleo de Lopo García de Vilouzás (século XIV) na nave do templo. Neste documento determínase a disposición do pazo do conde de Maceda, con dúas torres, unha a cada lado, á dereita a máis antiga e xa coñecida por aquel entón como «Torre Vella de Vilouzas», e a máis moderna situada á esquerda «que chaman de Lanços», que sucumbiría a causa dos incendios xerais de 1569 e 1616, nos que o conxunto pacego padecería serios quebrantos.
A torre é de planta cuadrangular, composta de baixo e tres andares, con cuberta de pirámide armada en madeira sobre o terrado, cunhas dimensións na súa fachada principal de 12’5 metros de altura de cornisa e de 6’8 metros de lado, orientada ó Sur, posto que nos restantes ten maior altura por construirse nun tallo do castro de Untia.
Ata o incendio xeral da cidade do 18 de setembro de 1616, conservaba o sombreiro ou atalaia levantado e mantido sobre a azotea dende a Idade Media, totalmente construido de madeira. Este coroamento compoñíase dun armazón robusto, que constituía a armadura principal do entramado, con teitume a catro augas que partían dun lucernario, asimesmo cuadrangular, tamén cuberto de tella. Esta cuberta protexía o cadalso, voladizo ou resalto, sostido por medios madeiros escuadrados e fixados oblicuamente nos muros, asimesmo de madeira, como tamén eran as táboas e listóns que cubrían, pechaban e protexían toda a superficie dos catro costados, que contaban con xanelas levadizas e matacáns.
O pazo, de corpo rectangular consta de baixo e dous andares con cuberta de tella a catro augas. Os elementos máis destacados do pazo na súa fachada son o balcón, que se alarga cara o exterior suxeito por tres canzorros e protexido por unha varanda de forxa, e a porta principal rectangular adovelada, situada no lateral dereito, que remata nun frontón partido polo brasón do primeiro conde de Maceda.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– NÚÑEZ-VARELA Y LENDOIRO, J.R.: “El sombrero medieval de la Torre de Vilousaz o de Lanzós”. WWW.Cronista de Betanzos,com.
-“En nuestra Historia Documentada de Betanzos de los Caballeros, siglos XV-XVI”. Fundación Caixa Galicia, 1984. Tomo I, pág., 590, y en Tomo II, apéndice 94, pág., 409.
– ORTIZ DE LA TORRE, E.: “Arquitectura Civil”. Santander, 1927, pág., 22.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2812000644Lonxitude: -8.2120119408
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84