Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Barro (Santa Cristina)
Lugar: O Telleiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro situado a uns metros de altura do camiño.
Nace sobre unha base cúbica coas arestas rebaixadas. Nunha das súas caras vemos unha inscrición pouco lexible.
O varal, de sección octogonal, dá paso a un capitel tipo xónico decorado con volutas, cunchas e rostros de anxos nos catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre peaña e coas mans entrelazadas no reverso.
O autor deste cruceiro foi Andrés Castaño Fernández “O Vello Santeiro de Chave”.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/150570204.html
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis.”Cruceiros na provincia da Coruña”. DIPUTACION PROVINCIAL A CORUÑA. 1999
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed: IR INDO.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MAIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES E OUTRAS VISTAS DO BARBANZA (NOIA). (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMNoia.html)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Debeu sufrir algún percance no pasado xa que a unión da base co varal posúe cemento.
O varal aparece reforzado cun entramado metálico.
Onde está localizado
Latitude: 42.7997934372Lonxitude: -8.88401269913
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84