Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Gonte (San Pedro)
Lugar: Gonte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Este cruceiro atópase no adro da igrexa parroquial de San Pedro de Gonte. Conta cunha plataforma de planta cuadrangular formada por tres chanzos. Do terceiro arranca o pedestal partindo dunha forma cuadrangular, e medrando a base de molduras entrantes e saintes a xeito decorativo. Seguidamente vemos un fuste con arranque e remate de forma cuadrangular e o resto da altura octagonal. Sobre el repousa un capitel que na súa parte baixa forma un astrágalo co contorno octagonal, respondendo á forma do fuste orixinal co remate tamén octagonal. O restante do capitel ten forma piramidal invertida, e as arestas van decoradas. En dous laterais hai inscricións que son a data da obra (1894). E nas catro caras hai tallados obxectos, que veñen a simbolizar a paixón de cristo: trátase dunha tenaza, un martelo, unha lanza, unha escaleira, unha esponxa, unha coroa e cravos. Estes símbolos tamén aparecen todos eles no cruceiro de Pontemaceira, dato que tamén nos leva a pensar na mesma autoría.
A cruz ten forma latina, os brazos son redondeados. No anverso vemos un cristo crucificado, cravado de pés e mans, e leva coroa de espiñas, ladea a cabeza cara o lado dereito. Tamén leva barba, pelo largo, e un pano de pureza á cintura. En xeral caracterízase por ter os rasgos moi detallados especialmente na anatomía do Cristo. No reverso vemos a virxen das Dores apoiada sobre unha cabeza de anxo, figura tratada tamén con gran detalle, sobre todo nos pregues da vestimenta.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Martín, Luís. Cruceiros na provincia da Coruña
Cardeso Liñares, José. El arte en el valle de Barcala
Faise referencia na web municipal:
http://www.concellodenegreira.gal/index.php/gl/turismo/que-ver/patrimonio
mais no plan xeral de ordenación municipal non se contempla.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9050809959
Lonxitude: -8.76142338221
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84