Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia
Parroquia: Barro (Santa Cristina)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do século XVIII situado no adro da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/97060/2017/11/igrexa-de-santa-cristina-de-barro/).
Nace sobre dous chanzos de sección cadrada con voo. A súa base cúbica posúe varias inscricións, algunhas pouco lexibles, entre as que podemos ver o ano da súa feitura: “1715”.
O varal de sección cilíndrica e astrágalo circular da paso a un capitel de estilo xónico decorado con volutas e caras de anxos con ás.
O coxunto remata nunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas e remates octogonais. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe sobre peaña con forma de cara de anxo con ás no reverso.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000009409
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf (Ficha 2.11 – Páxina 56)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150570202.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis.”Cruceiros na provincia da Coruña”. DIPUTACION PROVINCIAL A CORUÑA. 1999

ENLACES DE TIPO LEGAL

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7957864118
Lonxitude: -8.88465642929
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84