Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: Chanteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Batería situada no alto de punta Coitelada orientada cara as entradas das rías de Ares e Betanzos. Está composta por tres módulos acaroados dispostos en arco. Cada modulo conta con dúas explanadas rectangulares cuios extremos frontais remataban nun muro circular ante o cal se situaban os canóns. En medio ían os abrigos para os artilleiros e polveiras con muros de granito e cuberta de cemento con vigas de aceiro. Detrás da batería, e separada por un muro de contención, e a un nivel inferior ía un edificio para o acuartelamento dos artilleiros.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Despois da guerra de Independencia contra as tropas napoleónicas, as baterías espalladas ao longo da costa destinadas a protección do arsenal de Ferrol habían quedado desartelladas e abandonadas.
Non foi ata a Guerra de 1898 e ante o temor a unha invasión americana xurde a necesidade de construír unha nova rede de batería a maiores cotas de altura e cunha artillería máis moderna capaz de facer fronte aos novos acoirazados blindados cos que contaba a flota americana. É por elo que se acomete a construción nos albores do século XX de ata seis novas baterías nas cotas máis elevadas de Montefaro dende onde se domina a enseada e o acceso o arsenal de Ferrol. Dentro deste plan se construen as batería de obuses de Salgueira e Sudova destinadas a defensa cercana contra unidades menores cadansua con con seis canóns Munáiz y Argüelles de 15cm de tiro rápido cun alcance de 13.700 metros. A batería de Sudova foi construída a unha altura de 75 no alto de punta Coitela, dominando a entrada as rías de Ares y Betanzos. Co Comezo da Guerra Civil, 4 canóns foron enviados dende estas baterias as Rías Baixas para protexer as entradas da ría de Pontevedra e Vigo dun posible ataque da armada republicana. Dos foron destinada a Monteferro, enfronte as illas Cíes, e outros dos a Punta Udra no concello de Bueu.
Nos anos oitenta, estas instalacións quedan desafectadas e se desmontan os canóns, quedando as instalacións abandonadas.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Totalmente cuberto pola maleza o que o fai inaccesible.


Onde está localizado

Latitude: 43.4440368064
Lonxitude: -8.30829415108
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84