Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: Chantoira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Trátase dunha base militar destinada a vixilancia nocturna mediante a iluminación de grandes focos da entrada das rías de Ares e Betanzos. Consta dun camiño de garda sobre os cantís no extremo de punta Coitelada protexido por un muro baixo de cachotería onde ían situado dúas posicións para os proxectores. A medida que avanzamos polo camiño, podemos ver a man esquerda dúas pequenas ‘caixas’ de cachotería cuberta de cemento. Era onde se conectaban os proxectores. Hai tres construccións: O primeiro no cruce que ven dende o Forte A Palma, corresponde a unha pequena casa de perpiaño e cuberta a dúas augas que eran onde se aloxaba o equipo electróxeno que abastecia os proxectores. O segundo no alto do promontorio que domina punta Coitelada, onde iría o posto de mando e vixilancia. De fabrica de cachoteria e cuberta de cemento. E finalmente no extremo do camiño nun oco cavado na rocha que sería o almacén para dos proxectores.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
En 1987 aprobase un plana para a construción de novas baterías en Montefaro para a defensa do arsenal de Ferrol, capaces de facer fronte os modernos acoirazados. En 1905 aprobase a construción un proxecto de iluminación nocturna de apoio a estas baterías. Para elo se contaban con proxectores alimentados por alternadores con motores de gas, de dous tipos Souter-Harling e Siemens Schuckert Werke con alcances eficaces de tres e cinco quilómetros respectivamente.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. páx. 62
Calavera, Manuel “12.471 Proyectores de costa de la península de Ares-Mugardos (La Coruña)”. Blog, dispoñible en: http://www.manuelcalavera.org/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
En estado de abandono.
Onde está localizado
Latitude: 43.4441947673Lonxitude: -8.31496506951
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84