Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Coucieiro (San Vicente)
Lugar: Baamonde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muiño de pequenas dimensións e unha única moa que se sitúa á beira dun regato afluínte do río Gaiola, o Cerdeiriño. É propiedade privada dun veciño da aldea.

Os muíños son unha sabia combinación de arquitectura e tecnoloxía, unha edificación simple que acolle un complexo dispositivo mecánico accionado pala forza da auga. Está composto pola presa, que ten por obxecto captar a auga do rio; a gabada ou lavada, que conduce a auga da presa cara o muiño salvando o desnivel do terreo; a canle, que conduce a auga cara o rodicio, unha roda hidráulica con paletas curvas e eixo vertical que move a moa; e; edificación do muiño propiamente dita, un sinxelo edificio de planta rectangular e uns 8 mts de superficie, cuberto por un tellado a dúas augas constituído por paredes de cantería irregular nos que unicamente se practican dous vanos, o que permite o acceso e o que está destinado a introducir luz natural no interior do muiño. A meirande parte dos muíños da comarca da Rabeda pertencen á modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequenocaudal de auga que, procedente da gabada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de maneira tanxencial.

Na parte inferior da canle accionase unha peza especial de madeira ou granito, segundo o caso, onde se practica un burato que se abre e obtura dende o interior (o billote ou bofetón) que fará saír á auga coa forza necesaria para mover o rodicio coa forza desexada.

Este de Baamonde, é de unha única moa e atópase en mal estado de conservación a carón daestrada que leva á igrexa parroquial de San Vicente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca004.pdf (Pax.-9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.252272
Lonxitude: -7.768338
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84