Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rois / Sar (comarca)
Parroquia: Urdilde (Santa María)
Lugar: Campo da festa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A plataforma ten base triangular, e tres chanzos. Sobre ela aséntase un pedestal de forma tamén triangular e rematando achafranado, nel hai inscricións, pero resultan ilexibles.
En canto o fuste comenza con forma cuadrangular o primeiro tramo e logo todo o restante é circular, consta de figuración; unha custodia e dous San Franciscos.
O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso. Vai decorado con volutas e coas imaxes de San Pedro, San Xoán Bautista, San Andrés e San Francisco.
A cruz é cuadrangular e florenzada. Polo anverso un cristo crucificado con tres cravos, pano de pureza, sen coroa e letreiro de INRI. Polo reverso unha imaxe sobre peña de Santa Xoana.
O conxunto conta tamén con mesa ou pousadoiro, pero non como elemento independente senón que vai encostado ao propio cruceiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O cruceiro catalogado atópase no campo da festa, máis penso que fose trasladado de lugar nalgún momento xa que as pedras que forman os chanzos da plataforma están numerados.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8310336
Lonxitude: -8.7330755
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84