Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia - Praza da Constitución
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1968 que nace sobre unha serie de pequenos penedos situados na Praza da Costitución.
O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas dá paso a un capitel tipo xónico decorado con volutas e querubíns.
A cruz é de sección cilíndrica con nós. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cun grande manto e coas mans en oración no reverso. Aparece sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo.
Este cruceiro fíxose para conmemorar os 800 anos da Carta Pobra fundacional de Noia (documento concedido polo rei Fernando II o 9 de abril de 1168).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.noia.es/encanto/gl/lugares/constitucion.html
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1505716.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
MARTÍN RUÍZ, Luis.”Cruceiros na provincia da Coruña”. DIPUTACION PROVINCIAL A CORUÑA. 1999
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MAIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES E OUTRAS VISTAS DO BARBANZA (NOIA). (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMNoia.html)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.78255146
Lonxitude: -8.88847004418
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84