Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia - Rúa Santísima Trinidade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro situado nunha praza e sobre uns pequenos penedos graníticos.
Nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica e de arestas rebaixadas posúe unha inscrición que reza o seguinte:
“FUE PINTADO Y
RETOCADO POR
BERNARDO MILL
ARES AÑO DE 1865”

O seu varal é de sección octogonal cunha moldura na parte inferior.
A continuación o capitel con forma de pirámide truncada invertida, con decoración vexetal e cabezas de anxos con ás nos catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica con nós na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coa lúa aos seus pés e sobre unha peaña con forma humana.

Segundo reza unha placa situada aos pés da base, este cruceiro procede do lugar de San Bernardo e foi doado por Dona María de la Encarnación García Barbazán ao Concello de Noia o 31 de decembro de 1998.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000009419
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1505707.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis.”Cruceiros na provincia da Coruña”. DIPUTACION PROVINCIAL A CORUÑA. 1999
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MAIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES E OUTRAS VISTAS DO BARBANZA (NOIA). (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMNoia.html)

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7841102395
Lonxitude: -8.88588756323
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84