Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Corgo
Parroquia: Alto, O (Santalla)
Lugar: Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa atópase en Eirexe. Mencionada por primeira vez no ano 747, é unha igrexa de estilo románico tardio do século XII. Trátase de unha nave cuberta a dúas aguas con tellado de lousa sobre armadura de madeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Ten un retábulo maior neoclásico con imaxe de Santa Barbara e no lateral norte un sinxelo retábulo do século XVII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

As pinturas murales, do século XVI, foron redescobertas no 1989 e foron obxecto dunha serie de artigos no diario El Progreso os dias 11, 12 e 12 de Febreiro dese ano.


Referencias bibliográficas:

Xulio Xiz di en ‘O Corgo, Amplo Horizonte’ que ‘conserva porta románica e fiestra saeteira, sendo barroca a espadaña. No interior, garda interesantes retablos. Jaime Delgado denomina de “falsa ferradura” o gran arco triunfal existente no interior. A ábsida ten un tramo recto e cabeceira semicircular. A igrexa non é anterior a 1200, pero tampouco moi posterior. Por Jaime Delgado sabemos que as pinturas aparecidas ó facer obras na igrexa consisten nun orixinal viacrucis coas catorce estacións compostas por pasos todos iguais: cruz con lises. O resto das pinturas, de fins do XVI, mostran un San Roque con bastón de peregrino e a coroación de María por dous anxos.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9022612543
Lonxitude: -7.38861668591
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84