Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Castelo,
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Boullón
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Época Baixomedieval,
Descrición:

Trátase dunha pequena atalaia ubicada no lado oeste do outeiro coñecido como Rechán da Pena. É un afloramento rochoso lixeiramente intervido de maneira artificial para crear unha pequena plataforma irregular ao abeiro do maior dos penedos (pode verse na segunda fotografía). Esta plataforma foi creada a través do desprazamento de bloques de pedra sen labrar, e nela debía existir algún tipo de casoupa, xa que no alto da rocha na que se abeira pode distinguirse tres asentos para madeira labrados na pedra (poden verse na fotogrametría). A nivel hipotético, é posible que se aproveitaran as diaclasas dos penedos para facilitar a súa rotura e implementar unha muralla de carácter natural cara o leste, empregando unha técnica moi similar ao do Castelo do Oleirón, que se atopa moi próximo.

A atalaia parece formar parte dun recinto de carácter poligonal que pecha o alto do Rechán da Pena, unha zona relativamente chaira. Este recinto defínese por un pequeno valo feito con mampostería localizado no cambio de cota entre a ladeira e o interior do chan. Atópase moi esmorecido e cuberto de vexetación. Non foi posible determinar a súa utilidade, cronoloxía ou relación coa atalaia.

Trátase dun emprazamento de gran valor estratéxico, dominando todo o val da Amaía, Compostela e o camiño procedente de Noia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O sitio arqueolóxico foi localizado por Manuel Gago e Elixio Vieites durante unha visita de lecer a esa área.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8363445738
Lonxitude: -8.70403647423
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84