Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Noalla (Santo Estevo)
Lugar: Lanzada, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

O final do areal da praia da Lanzada atópase esta fermosa ermida da cal hai testemuñas dende tempos remotos coma demostran o castro, a necrópole e a antiga torre defensiva que se atopa na zoa.

A ermida formaba parte dunha fortaleza defensiva que se construía aproveitando os restos dun antigo faro de orixe romana ou fenicia. O seu cometida era, xunto coas Torres do Oeste en Catoira e a Torre de San Sadurniño en Cambados, facer a primeira defensa da zoa de Santiago de Compostela contra os ataques marítimos dos sanguinarios Vikingos e Normandos.

Tamén foi lugar de batallas entre Dona Urraca e o Arcebispo Xelmirez. Sufriu graves desperfectos cos Árabes, Irmandiños e demáis loitas ata o seu abandono no século XVI.

A ermida consta dunha única nave con ábsida semicircular. Conserva algúns canzorriños moi deformados debido a súa proximidade a costa. No seu interior consérvase unha imaxe da Virxe da Lanzada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Hi dúas importantes lendas neste lugar:
A primeira trata sobre a existencia dun túnel que unía a fortaleza ca illa de Ons
A segunda trata sobre a lenda das mulleres con problemas de fertilidade.
Na derradeira semana do mes de Agosto deben ir a medianoite a recibir o baño das nove olas.
Despois a mañán deben varrer o chan da igrexa para escorrentar todos os posibles meigallos,
 e de seguido facer as súas ofrendas a Virxe para que lles conceda a súa gracia.

Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.42981579789885
Lonxitude: -8.877677321434021
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84