Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Anceu (Santo André)
Lugar: Anceu
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVIII feita a base perpiaño granítico, de planta rectangular cunha soa nave e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.
Na fachada principal, ampliada no ano 1700, podemos unha porta alintelada con pilastras aos lados; no lintel existe unha inscrición coa seguinte data: “1749”. Máis arriba un frontón partido que posúe unha fornela decorada cunha cuncha de vieira e que alberga unha imaxe do patrón, e unha xanela cadrada con ventá metálica.
O conxunto posúe unha torre campanario de dous corpos situado no lado esquerdo, de planta cadrada o inferior e octogonal o superior, con cúpula de remate.
No interior podemos ver unha nave con bóvedas de madeira e de canón de medio punto. A sancristía, no lado esquerdo da cabeceira, foi engadida no ano 1640 por orde do bispo de Tui.
O retablo maior é unha obra gótica-flamígea con diferentes imaxes:
* San Andrés na fornela superior. Na inferior unha Cruz.
* O Sagrario na fornela central
* A Virxe do Rosario, o Sagrado Corazón, A Virxe do Carme, e a Virxe da Inmaculada nas fornelas laterais.
* San Bernardo e San Bieito
Outras imaxes que podemos ver son a da Virxe de Fátima sobre unha peaña de pedra, e Santa Rita sobre unha peaña de madeira pedestal de madeira.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

No adro da igrexa, pegado nun dos seus muros laterais, podemos ver un panteón da familia Pérez, feito no ano 1869.
Aínda que non se coñece o autor da obra, algúns autores falan que pode ser obra do mestre José Cerviño.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-de-pontevedra/ponte-caldelas/iglesiaandresanceu/
http://www.pontecaldelas.org/index.php/parroquias/anceu
http://1000-lugares-en-galicia.blogspot.com/2017/04/parroquias-ponte-caldelas-anceu-barbudo-touron-xustans.html

http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-igrexaanceu.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.361829987
Lonxitude: -8.46621841192
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84