Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Guarda
Parroquia: Salcidos (San Lourenzo)
Lugar: A Cruz - Cruceiro Pinto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre cinco chanzos de sección octogonal; os dous primeiros son de factura máis tosca, mentres que os tres seguintes teñen as arestas molduradas.
A súa base moldurada con escocia posúe a seguinte inscrición:
“ESTE CRUCEIRO HIZO
A SU COSTA DE O.Mo.Rz.
RUEGVEN A DIOS PR LAS
ANI
MAS”.
Máis arriba, antes do varal, aparece outra inscrición co ano da súa feitura: “AÑO 1746”.
O varal, de sección cilíndrica con acanaladuras, dá paso a un capitel tipo xónico, con dobre fila de follas de acanto e volutas.
O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI. Aos seus pés vemos unha imaxe de San Francisco de xeonllos en actitude orante, e unha caveira.
Este cruceiro atópase xunto a un peto de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/97323/2017/11/peto-de-animas-de-pinto/) e unha estela (http://patrimoniogalego.net/index.php/97326/2017/11/estela-de-pinto/), conformando un fermoso conxunto.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.turismoaguarda.es/patrimonio-religioso/#tab-cruceros
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3602317.html
http://aguardacultura.blogspot.com.es/2011/10/cruceiro-pinto.html
http://paxinasdaguarda.blogspot.com.es/2014/01/cruceiros-de-salcidos-en-1934.html (Foto antiga)

https://comarcasnarede.com/hemeroteca/baixo-mino/a-guarda/item/12986-a-guarda-recupera-o-cruceiro-pinto-de-salcidos

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Victoria. (2017). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DA GUARDA (III): PARROQUIA DE SAN LOURENZO DE SALCIDOS (I). VIII Congreso galego de cruceiros. Ed: Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9044490088
Lonxitude: -8.85421335697
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84