Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Probaos (Santaia)
Lugar: Castro de Santaia
Outra denominación do ben: Castro de Santaia, Torre de Santaia.
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:
A estrutura visible da fortaleza emprázase nunha penachaira a 307 metros de altura sobre o nivel do mar, entre a igrexa parroquial de Santaia de Probaos ó sur, e o castro de Probaos ó norte, distando dende os seus centros, uns 400 metros de distancia dende a torre ó castro e duns 175 metros dende a torre a igrexa. Na actualidade, só se conserva o solar coas pegadas visibles, aínda que nos visores de Información Xeográfica de Galicia (IDEG) ven denominado como Castro de Santaia, certo é que coas dimensións e as trazas que ten, planta e medidas, este xacemento de castro ten pouco e moito de fortaleza. As súas trazas son similares as da fortaleza da Axilda, Morgade ou a de Moscoso en San Pedro de Ardemil. A mota é visible dende lonxe nunha pequena elevación no medio doutra elevación do terreo que conta cunhas medidas que corresponden coa maioría, duns 35 metros de lado norte-sur por 30 metros de leste-oeste no seu interior. As medidas totais contando dende o seu exterior, incluído o foxo son de 50 metros de lado leste-oeste por 55 metros de lado norte-sur, contando cunha superficie total duns 3780 metros cadrados.
Segundo os veciños, fai anos quitouse pedra para unha casa nun dos laterais do xacemento e onde se pode percibir o que din os veciños e na segunda fotografía.
A freguesía de Santaia de Probaos pertencía á provincia de Betanzos. Nas realengas a xurisdición estaba exercida polo Correxidor de Betanzos, pero algunhas freguesías que ademais de ser realengas tamén son de señorío secular e nestes casos o Correxidor comparte a xurisdición cos señores correspondentes. Neste caso que nos ocupa, Santaia de Probaos era de realengo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Visor Información Xeográfica de Galicia. Xunta de Galicia.
http://mapas.xunta.es/visores/basico/
Ver situación en: http://bit.ly/2yKGE8r
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Plantación nova de eucaliptos nas terrazas inferiores que cingue o xacemento.
Onde está localizado
Latitude: 43.1707660885Lonxitude: -8.24388563644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Nov 16, 2017
Una imaxe da estrutura do lugar arqueolóxico de Santaia nun plano lidar do visor de descargas do IDEG (Información Xeográfica de Galicia)
Xunta de Galicia.