
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Guarda
Parroquia: Salcidos (San Lourenzo)
Lugar: A Cruz - Cruceiro Pinto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Peto de ánimas de tipo aberto feito en pedra granítica. O conxunto coróase cunha cruz tipo latina.
A fornela, con arco escarzano, posúe un retablo de madeira policromada no cal aparecen as ánimas entre as lapas do purgatorio dispostas en tres filas superpostas; as imaxes representan a un papa, un bispo, un frade, un cura, e dúas máis.
Baixo a fornela vemos a tampa de ferro que garda o caixón para as esmolas.
Na parte baixa aparece unha inscrición co ano da súa feitura: ”
“ANIMAS
AÑO
DE 1764”.
Este peto de ánimas atópase xunto a un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/97299/2017/11/cruceiro-pinto/) e unha estela (http://patrimoniogalego.net/index.php/97326/2017/11/estela-de-pinto/), conformando un fermoso conxunto.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.turismoaguarda.es/patrimonio-religioso/#tab-cruceros
http://aguardacultura.blogspot.com.es/2011/10/cruceiro-pinto.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9044629826Lonxitude: -8.85421469808
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84