Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Coucieiro (San Vicente)
Lugar: A Seara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Pequeno afloramento granítico en parte destruído por mor de labores de cantearía, no que atopamos a gravura pola cresta superior de un dos saíntes.
Trátase de 9 coviñas aliñadas e orientadas de nacente a poñente de maior a menor, sendo a maior de uns 6cm de diámetro e a pequena de pouco mais de 2cm de diámetro.
Gran parte do afloramento mantense baixo fina capa de terra, supoñemos que retirando esa capa de terra, aparecerá mais parte da gravura.

Sitúase en lameiro próximo ó regato do Cerdeiriño na zona onde se atopa un muiño en estado ruinoso, na zona da Ponte Nova, entre as aldeas de Pousada e Baamonde.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.253084
Lonxitude: -7.770523
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84