Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Figueredo (Santa María)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben: Castro de Figueredo
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Asentamento fortificado a 279 metros sobre o nivel do mar. A parte central ou croa ten forma ovalada que acadan unhas medidas de 89 metros de L-O por uns 112 metros no eixo N-S, acadando unha superficie duns 7000 metros cadrados. A esta croa cingueos unhas terrazas duns 30 metros de ancho ata os 52 metros na parte norte. Todo o xacemento pode acadalos 2´55 ha de superficie. Esta zona; da metade cara ó norte, está defendida por un doble foxo facendo que dita terraza sexa como unha illa, rematando dito foxo na parte leste. No primeiro ten unha altura duns 3-4 metros e no segundo de 2-3 metros. A croa está defendida por uns terrapléns que poden chegar a 5-6 metros de altura pola zona oeste-norte e norlés. Debido a complicación do seu acceso por causa da súa masa vexetal é complicado describir as defensas das outras partes do xacemento. A súa entrada semella que se sitúa pola parte oeste e a entrada á croa pola parte surleste. Este asentamento está, na súa maior parte, invadido por eucaliptos de nova plantación duns tres ou catro anos. Pola zona norte mestúranse con carballos e castiñeiros e algún piñeiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1745125852
Lonxitude: -8.24512034676
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84