Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Lugar: Esteiro
Outra denominación do ben: Praia de Augasantas
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A fronte costeira orientada en dirección leste-oeste, ao sufrir unha intensa erosión exercida polo mar, crea uns peculiares cantís. Os xistos e lousas dos que están formados, a súa maneira de romper e fracturarse, xunto coa variedade de materiais dos seus estratos forman unha paraxe de gran monumentalidade. Na baixamar, cando as augas se retiran, a natureza amosa o mellor de si nesta costa. Os cantís alcanzan dimensións espectaculares, con formas de arcos e pórticos que empequenecen aos visitantes que camiñan entre eles; mentres dan acollida a moitas especies de algas, moluscos, aves mariñas e variedades vexetais, feito que motivou a súa declaración como lugar de Interese Comunitario da rede Europea Natura 2000 e Monumento Natural.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Páxina web con máis información sobre o Monumento Natural da Praia das Catedrais, sobre todo xeolóxico, e un mapa topográfico http://mediorural.xunta.es/areas/conservacion/espazos_protexidos/rede_galega/monumento_natural/praia_das_catedrais/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.554115585907944Lonxitude: -7.157292366027832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Ulmo de Arxila says:
Nov 25, 2011
Em realidade, “As Catedrais” é umha denominaçom recente. O nome tradicional e popular desta praia, que perviveu até nom há muito tempo, é “Augas Santas”, pola existência de umha fonte a que se lhe atribuírom propriedades curativas.
elixiovieites says:
Nov 26, 2011
Certo. No apartado “outras denominacións” que se cobre na ficha de patrimoniogalego.net, púxenlle ese nome.
elixiovieites says:
Mar 15, 2015
Unha noticia sobre posible extracción aurífera na Praia das Catedrais en época romana
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/03/13/galicia/1426267871_455373.html