Outra fotografía:
Tipo de ben: Industria,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Villestro (Santa María)
Lugar: Roxos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A fábrica do Pego é unha construción de cantaría de planta cuadrangular á que se acaroan varias edificacións formando unha planta en L. Está situada na zona coñecida como “O Pego”, entre o rego de Roxos e o río Sar. Segundo Gonzalo Gayoso Carreira, trataríase da fábrica de papel fundada a principios do século XIX polo industrial José Benito Iglesias, na que traballaban 16 persoas e producían ata 1000 resmas anuais de papel.
No século XX a propiedade aparece a nome de Maximino Vilaboa Villar, industrial que convertiría O Pego nunha fábrica de aserrar madeira. Tralo seu falecemento a principos dos anos 30, as poucas referencias sobre esta fábrica fan pensar que a actividade foi cesando e o edificio abandonado. No contorno hai varios muíños hidráulicos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
CARMONA BADÍA, Xoán e FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, María Teresa: A Compostela Industrial. Consorcio de Santiago, 2003
GAYOSO CARREIRA, Gonzalo: Nuevos datos sobre la historia del papel en España (accesible en http://www.ahhp.es)
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca014.PDF (p. 34, ficha D-167)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Si. Está en estado total de abandono e con moitas partes arruinadas.
Onde está localizado
Latitude: 42.8661721893Lonxitude: -8.61720263958
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84