Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (Santo Estevo)
Lugar: Fondodevila
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A aldea conta con catorce (14) exemplares de canastros de planta rectangular, e estrutura mixta (pedra–madeira) ou integramente de madeira. A cámara adoita ser estreita e alongada con peche a base de entramado formado por un bastidor de grosos madeiros e unha celosía construída con táboas colocadas verticalmente. O sistema de sustentación realízase sobre pés ou cepas, con tornarratos de granito. A cuberta é a dúas augas con recubrimento de tella curva do país.

En concreto este das fotos, ten tres claros e está soportado por 4 pés encalados e rectangulares sobre os que se apoian os tornarratos con bordes redondeados e rebaixe esférico. De tipoloxía mixta pedra e madeira, tendo a cuberta a dúas augas con tella curva do país.
Apoiado sobre o muro de peche da propiedade cotra o camiño, este muro está feito en cachotería de granito.

O canastro mais abundante nestas terras é, seguindo a clasificación de Ignacio Martinez, o das terras orientais, de tipoloxía mixta (pedra e madeira), e única (madeira), con ou sen celeiro, segundo o caso.
O canastro tradicional desta comarca, sen dúbida o maior expoñente etnográfico e artístico destas terras, érguese maiormente sobre unha soleira empedrada ou aterrada nos mais dos casos. Sobre esta superficie sitúanse os pés, uns elementos compostos por unha breve columna de sección cuadrangular con arestas biseladas, rematada nun tornarratos con forma rectangular de pedra e con cabezas redondeadas, se son enteirizas, ou totalmente redondas, se son independentes os de cada pé, e que ten por obxecto imposibilitar o acceso dos roedores á cámara.
O número de pés varia en función do longo da cámara, sendo a media ducia o exemplo máis habitual.
A cámara é o elemento principal de este tipo de edificación. De planta rectangular, pode estar estruturada en un, dous, tres, catro, cinco e ata seis claros, que son como se denominan aos treitos de parede de madeira ou cantería, separados entre si por trabes pétreas verticais , que dividen o lateral dos canastros.
Os costais, onde nas mais das ocasións se sitúan os accesos a este peculiar almacén, péchanse con unha serie de táboas en sentido vertical, reforzadas horizontalmente con faixas, que deixan físgoas de entre 1 e 2 cm de apertura para permitir o paso a o vento que a de secar o gran.
Pola súa parte o frontal ou penal, pode estar configurado indistintamente polo mesmo modelo anterior, ou ben con un simple muro de perpiaño, no que tamén é posible ubicar un vano no que instalar a porta de entrada.
En ocasións a construción remátase con unha armazón de madeira que soporta un tellado a dúas augas, case sempre de tella curva, ornamentado con unha cruz e un pináculo ou bico na cumieira, a xeito de símbolos de carácter profiláctico laudatorio.
Os canastros ourensáns sitúanse nos lugares mais elevados dos eirados, ademais de sobre os valados que pechan estes, e mesmo sobre camiños, practicando sobre estes unha especie de ponte a xeito de portalón ou entrada.

Aldea situada na parte baixa dunha ladeira orientada a SO, por onde discorre o río Ambiela. Rodeada de terreos adicados ao cultivo e o pasto, os hórreos atópanse dispersos pola aldea, preto das casas e dependencias adxetivas, en lugares abertos e ben ventilados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/AMBIA.pdf (Pax.17-18)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.216182
Lonxitude: -7.71099
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84