Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Vilagarcía de Arousa
Lugar: Parque do Cavadelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo sen plataforma e cun pedestal circular leñoso con nós ó igual co seu varal que é circular leñoso con nós. Ten unha figura no medio do varal que vén sendo Santiago Peregrino. O capitel é cilíndrico con volutas e vieiras entre elas. A súa cruz é cilíndrica e no anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza lixeiramente cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5964371406
Lonxitude: -8.76747597012
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84