Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: Montefaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Batería antiaérea de finais dos anos trinta. Consta de tres túneles subterráneos unidos entre si con cadanseu acceso no extremo norte dos mesmo. Os túneles este e oeste constan dunha posición de artillería nos seus extremos, máis unha cámara de refuxio a carón destas, así como doutra cámara destinada a polveira na parte central. Ámbolos dous tuneles están unidos co túnel central que consta de dúas cámaras preto dos extremos destinadas aos grupos electróxenos que provían de electricidade ao conxunto, e unha cámara central flanqueada por dous acceso verticais aos pozos onde ían situados o proxector e equipo de telemetría que guiaban os disparos dos canóns.
Nas paredes da sección de acceso aos pozos de artilleria podemos atopar, moi danadas, pintadas nas paredes os perfiles monocromos de diferentes avións militares da época, a maioría deles británicos.
Os pozos tanto para os canóns como para os postos de telemetría e o proxector, hoxe cubertos de maleza, estaban formados por un anel de cemento co interior baixo a cota de terra. Neste anel había nichos para protexer os proxectís así como unha entrada aos túneles e un pequeno oco circular por onde se botaban os casquillos das balas ao interior do refuxio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A finais dos anos trinta acometese a construción de diferentes posicións antiaéreas co propósito de substituír as anteriores baterías monolíticas construídas en 1926 para protexer as posicións de artillería do arsenal de Ferrol. Durante a Segunda Guerra Mundial estas posicións chegaron a facer fogo co propósito de alonxar e advertir aos avións do eixo aliado que se achegaban ao porto de Ferrol con obxecto de espreitar aos submarinos e cruceiros alemáns que atopaban acubillo e buscaban provisións neste porto.
Nos anos 80 estas instalacións foron desafectadas polo exercito quedando abandonadas e quedando expostas a accións vandálicas.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.

“Calavera”, Manuel “12.462 Batería antiaérea B-52 Montefaro (Ares)”. Blog en liña. Dispoñible en: http://www.manuelcalavera.org/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A estructura conservase ben ainda que na superficie se estea subrindo de maleza máis no interior as monocromias e as sinalizacións están a desaparecer por accións vanálicas que as cubren con graffitties ben con pintura ou rascando nas mesmas.


Onde está localizado

Latitude: 43.4503394209
Lonxitude: -8.28758597374
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84