Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: Mougá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Batería antiaérea de finais dos anos trinta. Consta de tres túneles subterráneos unidos entre si con cadanseu acceso no extremo norte dos mesmos. Os túneles este e oeste teñen unha posición de artillería nos seus extremos máis unha cámara de refuxio a carón destas posicións, así como unha cámara destinada a polveira na parte central. Ámbolos dous están unidos co túnel central que consta de: unha cámara preto da entrada destinada a letrinas; outras dúas cámaras preto dos extremos destinadas aos grupos electróxenos que provían de electricidade ao conxunto; e unha cámara central flanqueada por dous accesos verticais aos pozos onde ían situados o proxector e o equipo de telemetría que guiaban os disparos dos canóns. Nesta sección, preto das posicións de telemetría e alarmar, atopamos nas paredes policromías con diferentes vistas de avións militares británicos, americanos e alemáns, da época.
Todalas camarás están sinalizadas indicando o seu uso cun letreiro no lintel da porta de acceso asi como as diferentes sinalizacións indicando as diferentes seccións.
Os pozos tanto para os canóns como para os postos de telemetría e o proxector, hoxe cubertos de maleza, estaban formados por un anel de cemento co interior baixo a cota de terra. Neste anel había nichos para protexer os proxectís así como unha entrada aos túneles e un pequeno vano circular por onde se botaban os casquillos das balas ao interior do refuxio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A finais dos anos trinta acometese a construción de diferentes posicións antiaéreas co propósito de substituír as anteriores baterías monolíticas construídas en 1926 para protexer as posicións de artillería do arsenal de Ferrol asi como a mesma cidade dun ataque aéreo. Durante a Segunda Guerra Mundial estas posicións chegaron a facer fogo co propósito de advertir e alonxar aos avións do eixo aliado que se achegaban ao porto de Ferrol con obxecto de espreitar aos submarinos e cruceiros alemáns que atopaban acubillo e buscaban provisións neste porto.
Nos anos 80 estas instalacións foron desafectadas polo exercito quedando abandonadas. Esta batería en concreto converteuse un vertedoiro insalubre con restos de animaís mortos nos que os pozos dos canóns quedaron totalmente bloqueados refugallos e as entradas cubertas polas silveiras. Paradóxicamente esta insalubridade salvou as representacións dos avións de combate de danos maiores como pintadas e rascaduras.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.

Calavera, Manuel “12.945 Batería antiaérea B-50 Monte Cobas (Ferrol)”. Blog en liña. Dispoñible en: http://www.manuelcalavera.org/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Lugar totalmente insalubre cobertido en escombreira e vertedorio de todo tipo de refugallos, aparatos electrodomésticos e restos de animais mortos. Ase mesmo o lugar está totalmente cuberto por silveiras polo que non é doado atopar unha entrada.


Onde está localizado

Latitude: 43.5085269326
Lonxitude: -8.28387379646
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84