Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña / A Coruña (comarca)
Parroquia: Visma (San Pedro)
Lugar: Monte de San Pedro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Preto do labirinto no monte de San Pedro atopamos un parque de xogos infantís. No seu día foi unha batería antiaérea cunha plataforma rectangular, agora con tobogans e columpios, onde ían anclados catro canóns Vickers 10,5cm. Rodeada por un muro de contención con nichos para gardar e protexer a munición a empregar. En ámbolos extremos da plataforma atopasen dúas cámaras baixo a cota de terra, destinadas a polveira e almacén, as que se accedían por rampas por ambas beiras a carón do muro de contención – Agora cubertas -. Detrás da plataforma hai dúas cámaras de baixa altura destinada a almacenamento dos casquillos da munición.
Hoxe quedou reconvertida a parque infantil de xogos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

En 1926, durante a ditadura de Primo de Ribera, desenrolouse un plan para modernizar a defensa costeira do arsenal de Ferrol. Dito plan contemplaba como novidade, e un avance tecnolóxico para a época, a construción de baterías antiaéreas que puideran defender as posicións artilladas de ataques aéreos. Podemos atopar baterías deste tipo a carón das posicións onde se atopaban os grandes canóns (San Pedro, Montefaro, Monteventoxo, Cabo Prior e Campelo). Nembargantes a carreira bélica do período de entre guerras e os avances en aviación pronto fixeron que estas instalacións quedaran obsoletas. A súa profusión de superficies planas e ángulos rectos facianas difíciles de ocultar. Tamén conta o feito de que os catro canóns estiveran tan preto entre eles polo que un disparo afortunado podería facilmente inutilizar os catro canóns deixando o resto da posicións desprotexidas.
estas como o resto das intalacións militares de Monte de San Pedro pasaron as mans do concello de A Coruña que decidiu aproveitar estas instalacións para convertilas nun parque de xogos infantís.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A súa actual función impide recoñecer a súa anterior función bélica.


Onde está localizado

Latitude: 43.3775453819
Lonxitude: -8.43371272087
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84