Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña / A Coruña (comarca)
Parroquia: Visma (San Pedro)
Lugar: Monte de San Pedro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase do que queda dunha batería de proxectores dos anos vinte. Consiste nun anel de cemento onde ía situado un proxector destinado a iluminar na noite na busca de obxectivos inimigos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo do 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto, baterías antiaéreas -un adianto para época- e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5 km. Convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento e sobre todo en aviación que supuxo este conflito.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que pasou a mans do concello en 1997, encargándose dende entón da súa conservación e destinando as instalacións a parque público quedando esta posición de combate en concreto como mirador.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.378117989
Lonxitude: -8.43344449997
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84