
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: San Xurxo da Mariña (San Xurxo)
Lugar: Vila da Area
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Tratase dun muro semicircular de grandes bloque de cantería de granito sobre os cantís, no extremo sur da praia de San Xurxo, sobre o que se estende a plataforma destinada a batería de canóns. A súa configuración é moi semellante a batería de Mera, no concello de Oleiros.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Miguel Hermosilla cita en 1800 na súa ““Relación topográfica de las Plazas y Puestos fortificados del Reyno de Galicia” a construción, entre 1795 e 1797, dunha batería circular ao descuberto, feita con pedra e barro cun muro posterior de mampostería, inda que non chegou a ter artillería. A súa finalidade era impedir un desembarco de tropas que puideran atacar dende terra o complexo defensivo que protexía a entrada ao porto de Ferrol. Trala invasión francesa a maioría das baterías de costa quedaron abandonadas e non foi ata os derradeiros anos do século XIX que se edificaron no vas fortificacións máis acordes as necesidades defensivas da época.
Referencias bibliográficas:
Rodríguez-Villasante Prieto, Juan Antonio e varios. “Patrimonio Histórico del Ferrol de la Ilustración. Navegando entre castillos…Informe de la base de datos sobre la zona de Las defensas Costeras” Consellería de Cultura e Turismo, 2008. Dispoñible en liña [consultado o 27-11-2017] en:
https://www.ferrol.es/patrimoniomundial/pdf/pubs_propias/Defensas%20costeras2011.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.527076196Lonxitude: -8.31205844879
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84