Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (Santo Estevo)
Lugar: Carpacentos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Localízase este pasadoiro no camiño que sube de Fondodevila cara a aldea de Vilameá , nunha zona chaira onde atravesa o río Ambiela.
Carreiro que se chamaba da Acea, pois sendo o lugar máis afastado da parroquia, por el chegaban os seus veciños andando cara a misa, subindo en dirección da igrexa Parroquial de Santo Estevo de Ambía.
Eran muros de peche das lameiras que os facían un pouco máis resistentes e anchos, e que na súa parte superior encaixaban pedras o máis planas posible coa finalidade de poder camiñar por elas sen estragar as colleitas ou evitar mollar o traxe e o calzado dos domingos en zonas húmidas. Adoitaban estar en paralelo ós camiños que normalmente pasaban grandes tempadas dos invernos inundados, facilitando o paso a pé.

Este carreiro tamén o utilizaban os veciños de Fondodevila para ir o muíño próximo. Xusto onde cruza o leito do regueiro tiña uns perpiaños para vencelo, estas pedras desapareceron e actualmente refíxose en formigón.
Polo desgaste das pedras podemos adiviñar que foron moitos os pés que treparon nelas no seu camiñar por mor da obriga de escoitar a misa semanal ou facer a moenda necesaria.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.215689
Lonxitude: -7.71006
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84