Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Sada
Parroquia: Sada (Santa María)
Lugar: O Tarabelo
Outra denominación do ben: Castro de Sada
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Asentamento fortificado de forma ovalada situado a uns 50 metros sobre o nivel do mar, situado nun rechán no estremo dun espolón, con maior desenrolo no eixe E-W, delimitado por un parapeto na parte norte e oeste, mentres que pola parte sur e leste está definida a croa por un terraplén. Na parte leste existe unha terraza delimitada por un terraplén. A entrada está situada ó SW, consistente nunha interrupción do parapeto reforzada pola presenza dun bastión alongado que divide a entrada en dúas.
Na parte norte a construción de varios edificios afectou á base do parapeto e no oeste unha canteira ten afectado ó xacemento, como se pode ollar na fotografía principal.
Espazo definido por viais públicos e límites de fincas que marcan o espazo urbanizado, dentro deste perímetro está incluído un edificio de recente construción. Segundo o pxom, está delimitado pola estrutura visible mais externa do xacemento (defensas) e un perímetro exterior de 10 metros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15075005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodesada.com/ga/plan-xeral-de-ordenacin-municipal/documento-aprobacion-provisional-marzo-2017-/975dadmemorias


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3538430693
Lonxitude: -8.2588961721
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84