Outra fotografía:
Tipo de ben: Curro,
Concello: Lousame / Noia (comarca)
Parroquia: Vila Cova
Lugar: Froxán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O Curro de Froxán é un grande círculo lítico a modo de cercado para gardar o gado feito a pedra seca, sen morteiro, con cachotes de granito. Ten un perímetro de aproximadamente 900 metros que cerca case 50.000 metros cadrados (5 hectares) de superficie de monte nunha pequena vaguada. Esta descende desde a cota máis alta ao Leste (a 500 metros) ata as máis baixas ao Oeste (a 450 metros), onde existen dúas fontes, estando unha delas (chamada “Fonte do Ramo Curvo”) no extremo noroeste do perímetro. As súas dimensións fan que posibelmente se trate do maior dos curros de pedra que se coñecen na Galiza, mentres que a súa feitura podería situá-lo na mesma adscrición tipolóxica e cultural doutras estruturas identificadas por Barbeito, Fábregas, Rodríguez-Rellán et al. (2015) na Serra do Barbanza (i.e., curro de “Folgoso Vello”). Na parte Sur presenta restos do que podería ser un chouzo ou construción análoga.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
A existencia do curro era descoñecida para a comunidade, a pesar de estaren vivas varias persoas de avanzada idade que pastorearan o gando da aldea nesa zona. Un treito da parte leste do curro quedou visíbel en 2016 por un desbroce forestal, constantándose a súa continuidade nunha ortofoto de 2008 (posterior ao incendio de 2006 que queimou toda a zona), mentres que outro treito no extremo noroeste descobriuse en 2017 polo mesmo motivo.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Barbeito Pose , V.J.; España Fernández , X. 2010. “Consideracións preliminares sobre o pastoreo tradicional na Serra do Barbanza: evidencias e estruturas etnográficas”, Barbantia: Anuario de Estudos do Barbanza, 6, pp. 125-137.
Barbeito Pose, V. J.; Fábregas Valcarce, R.; Rodríguez Rellán, C., et al. 2015. “Ocupacións domésticas na serra do Barbanza: resultados preliminares”, Gallaecia, 34, pp. 125-128.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.753953997Lonxitude: -8.80509138107
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 10, 2017
A prensa escrita do 9 de decembro de 2017 tamén se fai eco deste novo achádego:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/lousame/2017/12/09/descubren-curro-piedra-cerca-cinco-hectareas-froxan/00031512848782107542870.htm