Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Presedo (Santa María)
Lugar: Lugar do Campo de Nosa Señora da Saleta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de tipo barroco con planta de cruz cunha soa nave e unha sancristía apegada nun lateral. O cruceiro vese enmarcado por catro arcos de medio punto, que ordenan os espazos do presbiterio, a nave principal e as capelas laterais. Aos pés da nave sitúase un coro alto levado a cabo en madeira; como é común na maioría dos templos do concello, deste coro parte unha escaleira que conduce o campanario. A cuberta da nave principal é a dúas augas con tella curva do país, interrumpida no ciborio -de planta cadrada e cuberta a catro augas-. As capelas laterais teñen a súa cuberta a tres augas.
A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de luz rectangular con molduras que sobresaen do plano da fachada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e, enriba desta por debaixo da base da espadana, unha fornela coa imaxe da santa. A espadana é de dous corpos; o primeiro está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxa-las campás. O segundo formado por un frontón triangular curvo, cun pequeno oco central está flanqueado por dous pequenos pináculos. Este conxunto está rematado por unha cruz de forxa.
Este edificio é un dos que posúen máis fonda raizame nas terras da bisbarra, celebrándose nel a tradicional romería da Saleta. Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.L.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF (Páx.72).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2058514893
Lonxitude: -8.2649505884
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84