Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Vide (San Xoán)
Lugar: O Martelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Penedo de 8m de longo, 5,5m de ancho e 1,70m de altura, situado na zona coñecida como o Martelo, no que se atopan varios tipos de gravuras inéditas ata o de agora.
Pola súa superficie podemos ver mais de 30 coviñas de tamaño medio, a maioría entre 4cm e 6cm de diámetro, algunhas de elas unidas con canles.
Na parte mais elevada sitúanse o que en principio semellaban uns taboleiros de xogo, logo de un exame mais exhaustivo, esgotamos esa posibilidade. Realmente o que se aprecia e un suco que marca un contorno alongado e pechado que polo lado norte está redondeado. Esta figura ten uns 90cm de longo por uns 40cm de ancho, o seu interior semella estar dividido en dúas ou tres zonas diferenciadas, tendo no interior varios sucos, uns en cruz e outros horizontais. Todos estes sucos, os do perfil exterior mais os do interior, están moi desgastados, polo que a súa interpretación non e doada.
Descoñecemos de que se trata, aínda que o que parece claro e que esta figura e posterior ós gravados das coviñas e sucos entre elas.

No fondo do penedo a ras do terreo polo lado sur ten dous ocos practicados, un de eles de un diámetro entre 5cm e 6cm e unha fondura de 40cm sendo o outro en canto ó diámetro de dimensións semellante, diferindo na fondura, pois este ten apenas 10cm. Poderían ser barrenos para meter dinamita e fender a pedra, quedando a operación a medio facer.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.206643
Lonxitude: -7.66543
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84