Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Rois
Parroquia: Ribasar (Santa María)
Lugar: Rois
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo do Faramello é un edificio de comezos do século XVIII de estilo barroco compostelano civil, con marcadas influenzas italianas que delatan a súa orixe xenovesa do seu fundador, o Marqués de Piombino.
​Situado en pleno corazón da Comarca do Sar, encóntrase equidistante en 12 km de Padrón e de Santiago de Compostela, e ademais é o derradeiro pazo atravesado polo Camiño de Santiago portugués antes de chegar á capital compostelana.
​A finca abarca unha superficie de 126.000 m2 e o edificio principal supera os 2100 m2 magníficamente construidos. Destaca entre a élite dos grandes pazos galegos pola súa orixe industrial, xa que se fundou a partires da Real Fábrica de Papel do Faramello, 1710, pioneira e abandeirada da industria galega por máis de dous séculos e da cal, aínda se poden visitar os antigos muíños coas seus correspondentes apeiros.
O Pazo está construído en terrazas sobre o canón do río Tinto, adaptandose por tanto ó terreo, en principio tiña forma de “T” o cal engadiríase outra edificación pola súa parte norte. Consta de planta baixa máis un andar superior que está cinguido por unha fraga milenaria de carballeira xacobea en fráxil equilibrio, pero mantida en perfecto estado e en permanente recuperación. Este esforzo de conservación vese ampliamente recompensado coa asombrosa biodiversidade do lugar; lontras, búfos, garzas reais, parrulos silvestres, troitas, rás, esquíos, furóns, martiños pescador, raposos vermellos, especies amenazadas como o lagarto das silveiras de cor turquesa atopan no Faramello un reduto de protección.​ Ademais nos xardíns atópase un dos acibros máis antigos do país, símbolo que se inclúe no escudo do concello de Rois.
​Abundan as referenzas históricas e literarias do Pazo, nas súas antigas cabaleirizas albergouse o arsenal contra as tropas francesas nas revoltas do 2 de xuño de 1808 e foron referenza literaria dalgúns dos máis ilustres escritores galegos (Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Cela…). Cabe destacar que é un dos entornos principais da novela de Alejandro Pérez Lugín “La casa de la Troya”, de 1915, reflexo estudiantil da nobreza compostelana e, na súa época, unha das novelas máis lidas do castelán.
​​Emblema galaico, cabe sinalar que o pazo descansa baixo os pés do lendario castro celta da Raina Lupa.
O Pazo do Faramello serviu de residencia estival da S.M. o Rei Alfonso XIII e do Infante D. Luís de Baviera nas súas visitas a Santiago.
​O Señor do Faramello ostenta a honra, endexamais exercido, de poder entrar na Catedral de Santiago a cabalo, dereito outorgado por Privilexio Real no ano 1815.​​


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pazofaramello.com/historia-cnyl
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349CA004.PDF (Páx.2).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8107551772
Lonxitude: -8.62879760569
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84