
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: O Pieiro
Outra denominación do ben: Grupo de Costa Prioriño
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Trátase de varios habitáculos de cemento con viseira onde se aloxaban os diversos instrumentos de medición para dirixir os disparos das cercanas baterías de Pena Roiba.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto contra embarcacións menores; baterías antiaéreas, un adianto para época; e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite. Convértese, deste xeito, a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo, inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e a carreira armamentística que ela supuso, sobre todo en aviación.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra, a excepción da batería de Monte de San Pedro. No ano 2015 parte destas instalacións foron compradas polo concello de Ferrol sendo o seu futuro inda incerto.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4723072977Lonxitude: -8.33684105514
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Guille says:
Feb 4, 2018
Tienes incluso en las baterías de cobas garitas de vigía en las que hay pintados aviones de la segunda guerra
paeiro says:
Feb 5, 2018
Moitas grazas polo aviso, Guille. Son moitos os postos de mando, observación, telemetría, de proxectores e baterias a caró de Ferrol e inda quedan moitos por visitar inda que outros son totalmente inacesibles. Supoño que non teremos a sorte de que tiveras fotografias das siluetas dos avións?
non teria ningun reparo en sustituir a miña ficha por outra firmada por ti e coas tuas imaxes.
Grazas novamente e convidarche a participar. Patrimonio Galego e un proxecto aberto a participación de todo o mundo. Non fai falla ser un experto.