Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Montelouro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Tense constancia de que foi construída no ano 1891 ainda que carece de inscricións. Foi usada para os servizos dos fareiros até a desaparicion dos mesmos, tamén cabe dicir que a pesares da súa gran distancia á Vila de Louro, a esta fonte viñan as veciñas na procura de auga e a lavar a roupa. Consta dun bonito frontón do que sae o cano que se atopa xusto no medio, a auga cae sobre unha pía que ten insertada unha laxa para facilitar as tarefas de lavado. Durante os incendios que asolaron Montelouro nos anos 80 a fonte quedou sepultada baixo un desprendemento, sendo desenterrada encintada. Colocóuselle un torno de aceiro no ano 1991 por alumnos da Aula de Medio Ambiente do Colexio de Louro. Ten un caudal diario de 7.248 litros cunha temperatura de 16ªC.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización Lingüística do Colexio Público de Louro, coa colaboración da Mancomunidade de Montes en Man Común de Louro.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7388381614
Lonxitude: -9.08060252666
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84