Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (Santo Estevo)
Lugar: O Liñar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Aira ás aforas da aldea de Fondodevila, na zona do Liñar. Utilizada polos veciños que viven arredor de ela.
Utilizábase para colocar as medas de centeo, trigo ou cebada, para facer a malla. O espazo do lugar está aproveitado o máximo, polas beiras sitúanse os canastros, para non estorbar nas tarefas propias da aira.
Noutrora foi utilizada para a malla dos cereais, era onde se facían as medas con os mollos de pan (centeo), trigo ou cebada. Alí se separaba o gran da palla, antigamente facíase manualmente con mallos e na época mais moderna xa se facía con as malladoras.

A malla era unha tarefa colectiva, onde os veciños axudábanse uns a os outros.
Para que non se estragaran os gran do cereal, as mallas facíanse nestes lugares acondicionados para tal fin, onde se podían recoller facilmente sen estragarse.
Ó estar estratexicamente situada en unha zona elevada, facilitaba a limpeza do cereal, pois o vento pegaría mellor e separaría o froito da broza sobrante cando a operación era totalmente manual.
O proceso da malla tiña lugar no mes de agosto, polo que uns días antes limparíase e arranxaríase para que estivera lista.
O resto do ano é utilizada para poñer a secar as castañas, as fabas, cabazos e froita. Tamén serve para tender a roupa a secar, esfollar o millo ou picar a leña.
No caso de Baños de Molgas, a practica totalidade das airas son en terreo comunal, polo que todos os veciños se afanan na súa construción e mantemento, polo que o seu uso faise seguindo unha rigorosa quenda no tempo da malla, non sendo tan rigorosa o resto do ano.

Os canastros ourensáns sitúanse nos lugares mais elevados dos eirados, ademais de sobre os valados que pechan estes, e mesmo sobre camiños, practicando sobre estes unha especie de ponte a xeito de portalón ou entrada.
O canastro tradicional desta comarca, sen dúbida o maior expoñente etnográfico e artístico destas terras, érguese maiormente sobre unha soleira empedrada ou aterrada nos mais dos casos.
Os que se sitúan nesta zona son de tipoloxía única, a cámara de madeira de un solo claro, asentada sobre pes de granito. A construción remátase con unha armazón de madeira que soporta un tellado a dúas augas, en tella curva do país. Nunha das cabeceiras sitúanse a porta, feitas no mesmo material.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/AMBIA.pdf (Pax.17-18)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.216232
Lonxitude: -7.710899
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84