Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: O Pieiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dun obelisco alzado sobre un baseamento cúbico sostido sobre unha unha plataforma troncopiramidal. O Conxunto de granito adáptase á irregularidade do terreo mediante unha base de cemento.
Na parte posterior do cruceiro vemos unha coroa de loureiro e na anterior o seguinte epígrafe:

A LA MEMORIA DE LOS AVIADORES NAVALES

TENIENTE DE NAVÍO
D. EMILIO CANO MANUEL Y AUBAREDE

CONTRAMAESTRES
D. JAIME PLANAS Y PUJOL
D. LUIS AZCARATE ESCUDERO

MAESTRES
MANUEL RUBIO RODRIGUEZ
JOSE SANCHEZ MARISCAL

CABO RADIO
JUAN BAUTISTA NAVARRO ROS

MURIERON EN ESTE LUGAR
EL 3 DE SEPTIEMBRE DE 1930
EN CUMPLIMIENTO DE SU DEBER
TRIPULANDO EL DOORNIER “A”


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O día 3 de setembro de 1930, saen do Arsenal de Ferrol rumbo a Santander catro aparatos da escuadrilla de hidroavións Dornier da Armada. Detrás quedan os aparatos Dornier ‘A’ avariado e o ‘C’ que agarda por el para voaren xuntos despois da reparación.
Máis tarde despegan chegando a cabo Ortegal onde atopan un horizonte pechado de néboa, neste tempo os avións non dispoñen de ningún tipo de radar ou dispositivo de navegación, polo que o xefe de patrulla órdea a volta a Ferrol. Semella que no camiño de volta, os dous aparellos perdéronse de vista entre eles. A causa da néboa o aparello ‘A’ voaba baixo para ter a vista o mar cando impactou contra o monte e incendiándose de inmediato con máis de 1000 ltros de combustible nos depósitos, perecendo tódolos ocupantes no acto.
Con motivo deste accidente, levantouse no lugar este memorial adicado aos aviadores que ían neste avión.


Referencias bibliográficas:

Puentes, Hixinio. “Os naufraxios da Galicia do Norte. Provincia marítima de Ferrol”
Edicións Lea, 2003.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4650612009
Lonxitude: -8.34257125854
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84