Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago de)
Lugar: Louro
Outra denominación do ben: Fonte e lavadoiro, San Francisco
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Situada no camiño que sae da comarcal 550 (Muros-Carnota) á praia de Goday. Foi construída no ano 1937 por dous veciños da parroquia, Amador e Agulla. Formada por tres grandes pías rectangulares de cantería, que levan nas súas frontes pezas inclinadas para o lavado da roupa. A auga sae dun frontón con dous tornos, un que comprende a fonte e outro que libera a auga sobre unha canle de pedra que conecta cos píos, que actualmente están en desuso. Debido a unhas obras recentes na fonte a caseta do clorador que se atopaba sobre o frontón foi desfeita, tamén se cubre o piso con cemento e foron inutilizados os lavadoiros. Orixinalmente esta fonte contaba cunha cuberta de dúas augas e tella do país que xa hai anos foi esnaquizada bandalicamente e non foi reposta. Ten un caudal diario de 46.256 litros a unha temperatura de 16ªC.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización Lingüística do Colexio Público de Louro,
coa colaboración da Mancomunidade de Montes en Man Común de Louro.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA018.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7580549112
Lonxitude: -9.08025383949
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84