Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: O Confurco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dun posto de observación de idénticas características ao posto de mando que se atopa por diante dos grandes canóns do monte de San Pedro en A Coruña.
Tratase dunha edificación parcialmente soterrada de fabrica de cemento de vigas de ferro, con bufardas horizontais na fronte e cuberto de cachotería de granito no exterior para camuflalo. De planta rectangular cun anexo adiantado de formas redondeadas, no interior conta cun corredor que rodea unha cámara, onde se gardaría a munición para o canón antiaéreo, e cun acceso ao pozo dun canon na parte posterior. Hai dous puntos de acceso, o primeiro e mediante unha escaleira de baixa dende a superficie cara un extremo do corredor interior, e o segundo o atopamos tal como avanzamos a man dereita. trátase dun pozo, sen cubrir, coa boa a ras do piso, cunha caída de non menos de seis metros. Por este pozo chegamos ao túnel que nos leva a área de vida na outra beira do monte Ventoso.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto contra embarcacións menores; baterías antiaéreas, un adianto para época; e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5 km. convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo, inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e a carreira armamentística que ela supuso.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra, a excepción da batería de Monte de San Pedro. No ano 2015 parte destas instalacións foron compradas polo concello de Ferrol sendo o seu futuro inda incerto.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A pesar de ser un lugar moi visitado polas vistas panorámias, o emprazamento abandonado. A entrada está a ser cuberta con silvas e no interior, no mesmo pasillo da entrada, temos o pozo de acceso aos tuneles subterraneos. Dito pozo está sin cubrir e ten unha caída de máis de seis metros, co conseguinte perigo, cunha caída de seis metros, para os rapaces que con ánimo explorador accedan ao interior.
No tunel subterraneo de acceso hai pequenos derrubamentos.


Onde está localizado

Latitude: 43.4805680654
Lonxitude: -8.31822752953
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84