Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: O Pieiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase das dependencias soterradas onde se procesaban as medicións dos aparellos de telemetría co obxecto de dirixir os disparon dos canóns Vickers de 38,1 cm. A entrada de acceso é totalmente inacecsible por estar cuberta pola maleza inda que máis adiante hai un posto de observación tipo viseira.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto contra embarcacións menores; baterías antiaéreas, un adianto para época; e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5km. convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo, inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e a carreira armamentística que ela supuso, sobre todo en aviación.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra, a excepción da batería de Monte de San Pedro. No ano 2015 parte destas instalacións foron compradas polo concello de Ferrol sendo o seu futuro inda incerto.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Emprazamento inaccesible ao estar cuberto pola maleza


Onde está localizado

Latitude: 43.4759944154
Lonxitude: -8.32191824913
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84