
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cuartel,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: Salgueiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Edificio de planta rectangular con grosos muros de perpiaño de granito. Cuberta grosa case que plana de cemento de vigas de ferro, cuberta no seu día por tella curva. Nos muros portas e fiestras rectangulares. O interior está divida en diversas salas con marcas nas paredes das baldas onde se gardaban os obuses.
O edificio está situado nunha terraza escavada no outeiro, estando entón por unha beira mirando a unha parede rochosa namentres que pola beira esquerda vemos un groso muro que a separa da plana electróxena namentres que na fronte e na dereita temos un muro alto de ladrillo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
En torno o ano 1898 construése a batería de Segaño sobre un vello emprazamento anterior. Vinculada a esta batería estaría a construción, protexida detras do outeiro que domina punta Segaño, desta polveira para garnecer os grandes obuses cos que se disparaban os dous canóns Krupp que houbo nesta batería.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4531341148Lonxitude: -8.31029891968
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Akin says:
Dec 17, 2017
Zonas ben conservadas pero outras xa ocupadas pola maleza.
O sitio é impresionante, mágoa do porto exterior de Ferrol que escaralla a vista. Se miras cara a parte de Ferrol un día de néboa, a cidade desaparece e podes ver a entrada da ría case virxe.