Outra fotografía:

Tipo de ben: Cuartel,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: Salgueiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX, Século XX,
Descrición:

Tratase de diversos edificacións con diversos propósitos vinculados as baterías de Segaño e Salgueiras construídos no cumio do outeiro de Segaño:
O edificio principal situado no cumio trátase dunha edificación posiblemente do se´culo XVII destinada a área de vida. Ten planta rectangular con muros de cachotería e fiestras alinteladas co lintel de madeira, rematado nunha cuberta a dúas augas que non se conserva pero supoñemos que no seu día foi de carpintería de madeira e tella do país. A carón da porta da entrada vemos un cartaz feito con azulexos que, inda que non conserva tódalas pezas, supoñemos que no seu día puña “Base de Segaño”. Detrás deste edificio temos outro de similares características, máis pequeno, de planta cadrada e cuberta a unha auga. Unha leñeira?.
A carón deles temos un alxibe de paredes e cuberta plana de cemento e espigas de ferro sen entrada. A cuberta está parcialmente derrubada.
Máis adiante hai un penedo que foi empregado como base para mastro da bandeira ou poida que unha antena… ou ambas. No penedo podemos ver unha grande argola de ferro.
A carón do penedo temos un posto de observación de planta poliédrica con grandes fiestras a fronte dominando a entrada a ría de Ferrol. Muros de cachotería cuberto de cemento. A cuberta non se conserva.
Un pouco máis adiante temos o posto de mando ou observación con muros de cemento de cuberta de viseira. No interior, paredes cubertas de azulexos verdes e un baseamento cilíndrico posiblemente para un equipo de telemetría para dirixir o tiro dos canóns da batería de Segaño.
Baixando polo outeiro, mirando cara punta Coitelada, temos o posto do proxector de iluminación nocturno.
Ase mesmo hai dúas garitas de cilíndricas na parte sur e este con muros de cemento.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

No ano 1739 construíuse una primitiva batería que quedou abandonada a principios do século XIX. Posiblemente a esta época pertenza a edificación en pedra de cachotería que hai no cumio.
En torno o ano 1898 derrubouse esta batería e comezou a construción dunha nova máis moderna. Anos máis tarde no 1905 crease un primeira rede de postos de proxectores de iluminación para a vixilancia nocturna ao que está vinculado o posto do proxector deste outeiro. No ano 1926 acometese a construción dunha nova rede de baterías onde o cemento e as vigas de ferro son o principal material de construción. Estas baterías levarían sempre asociadas un posto de telemetría. E de supoñer que o resto de construcións feitas nestes materiais corresponderían a estas épocas.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4529478407
Lonxitude: -8.31086754799
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84