
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros - A Xesta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro situdo no pequeno adro da capela de Santa Isabel (http://patrimoniogalego.net/index.php/97828/2017/12/capela-de-santa-isabel-2/)
Nace sobre unha base cadrada decorada con caveiras nas esquinas. Nunha das caras da base aparece a seguinte inscrición xunto cun relevo que semella un lagarto sobre unha lousa: “AÑO D 1586”. Nas outras caras da base existen outros gravados como dúas tibias entrecruzadas.
O varal nace en sección cadrada con molduras e segue en sección cilíndrica. Na metade do varal existe un relevo dun santo sobre unha peaña que sostén unha copa na súa man dereita.
O capitel, decorado con volutas, dá paso a unha cruz de sección cilíndrica na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000008837
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1505303.html
http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5646/capela-de-santa-isabel?langId=es_ES
http://galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es/2014/09/capela-de-s-isabel-muros.html
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis.”Cruceiros na provincia da Coruña”. DIPUTACION PROVINCIAL A CORUÑA. 1999
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
LAREDO VERDEJO, José M. (2009). OS PRIMEIROS CRUCEIROS TRADICIONAIS: SÉCULO XVII. Actas do Iº Congreso Galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.
DE ARTANZA MALVÁREZ, Ramón. (1959). LA VILLA DE MUROS Y SU DISTRITO. Ed: Ayuntamiento de la Villa de Muros.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7790126645Lonxitude: -9.06033307314
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 11, 2017
Inscrición na base do cruceiro.