Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Padrón
Parroquia: Iria Flavia (Santa María)
Lugar: Quintáns - Pazos
Outra denominación do ben: Cruceiro de Patricia
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base con escocia presenta un pequeno oco, antigo caixón para as esmolas.
O varal comeza en sección cadrada. Nesta parte podemos ver o retablo pétreo coa imaxe de Santo Antón acompañado de dúas ánimas que se prenden ao cordón do seu hábito.
O resto do varal é de sección octogonal.
A continuación o capitel tipo xónico, con motivos vexetais e catro anxos en cada lado.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe sobre peaña no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1506506.html
https://www.obaixoulla.gal/elementos/padron/elementos-relixiosos/cruceiro-de-patricia
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998.
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña, 1999.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7607772148Lonxitude: -8.65115824389
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84